ENTREVISTA RADIO

"Caza e Pesca na Galega" contará este sábado coa presenza do Presidente da FGC

O Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, será entrevistado este sábado no programa "Caza e Pesca na Galega", que se emite de 7.00h a 8.00h.

O programa, que repasa cada semana a actualidade da caza e a pesca en Galicia, está presentado por Rodrigo Pérez Pardo e conta coa colaboración de Antón Arrojo, Director de "Galicia Cinexética", a revista da Federación Galega de Caza.

Para aqueles que non poidan escoitar en directo o programa este sábado, poderán facelo a vindeira semana cando esté dispoñible para a sua descarga dende a propia páxina web da Radio Galega, da cal se dará boa conta dende esta páxina web.

Escoite o programa:

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.