Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FECAP
A FGC regresa con forza á Feira Semana Verde – FECAP cun completo programa de actividades
9/6/2014

A primeira edición da Feira de Caza, Pesca e Natureza, encadrada dentro da trixésimo sétima edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, marca o regreso da Federación Galega de Caza ao catálogo de organismos que terán presenza neste importante evento, con diferenza a feira máis importante de Galicia e unha das de máis prestixio a nivel nacional.

Os federados en particular e os cazadores en xeral terán a oportunidade de achegarse ao stand que terá a FGC durante os catro días da feira, para informarse de tódalas actividades e campañas que está levando a cabo a Federación, así como para achegar as súas dúbidas, suxestións, e preocupacións ao persoal federativo que estará presente no mesmo.

O stand da FGC estará ademais escoltado por senllos stands dedicados ao arco e a cetraría, dúas das actividades cinexéticas máis atractivas e sen embargo das mais descoñecidas para os cazadores e os afeccionados en xeral. Por iso, a FGC quixo contar coa colaboración de dúas das sociedades máis representativas destas disciplinas na comunidade galega para que fagan chegar a súa paixón a tódolos cazadores, afeccionados e asistentes en xeral á feira.

Mais a presenza da FGC en Silleda non será meramente estática, senón que un calendario de más dunha ducia de actividades conxugarán o escaparate federativo da feira, convertendo a Federación nun dos expositores máis dinámicos do evento.

O arco será un dos protagonistas destas actividades, con exposicións, demostracións de tiro, exhibicións de preparación e montaxe de postos de espera, exhibicións de caza en batida, de percorridos de caza, etc que abarcarán os catro días que dura a feira.

Outro dos protagonistas será a última disciplina incorporada á Federación Galega de Caza: o agility, que contará coa celebración de dúas probas puntuables para a Liga Ibérica de Agility mais a I Copa Federación de Agility, entre o sábado e o domingo.

A formación será outro dos focos de atención da actividade federativa. O sábado terá lugar un curso de seguridade nas cacerías, especialmente indicado para xefes de cuadrilla, pero igualmente recomendable para calquera cazador que desexe formarse neste tema. Por outra banda, o domingo terá lugar un curso de iniciación para xuíces de cans de rastro, para aqueles afeccionados que queiran optar a ser xuíz de rastro de xabaril ou de coello nas competicións organizadas pola Federación Galega de Caza.

Tódolos cazadores e afeccionados da caza en xeral teñen unha cita a vindeira semana en Silleda (Pontevedra), na I FECAP (Feira de Caza, Pesca e Natureza) onde a Federación Galega de Caza agarda atoparse con todos eles e compartir a afección que nos une e nos apaixona.

O acceso á feira é libre e gratuito, ao igual que a inscrición nos diferentes cursos que organiza a FGC. Se está interesado en inscribirse, ten máis información no programa correspondente:

Descargar Programa Curso de Seguridade

Descargar Programa Curso de Xuíces de Rastro

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central

EN SILLEDA
29/05/2019
A feira de caza, pesca e natureza Fecap Abanca multiplica actividades na súa sexta edición

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza