SAN HUBERTO CORUÑA

Ramón Picallo en Seniors, Eloy Rodríguez en Springers e Sita González en Damas foron os campións provinciais

Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto

O pasado 13 de xullo disputouse no Tecor da Sociedade de Caza de Barbanza o Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Neste provincial participaron un total de 19 cazadores que disputaron este provincial nas diferentes categorías. Unha vez rematado o tempo de competición, o director da proba, Marcial Ramil Hermida deu a clasificación final resultando do seguinte xeito.

En Seniors o Campión Provincial era Ramón Picallo con 59 puntos. Fernando Manso e Jorge Martín completaban o podio en segunda e terceira posición con 50 e 49 puntos respectivamente.

Eloy Rodríguez Martínez era o campión absoluto na categoría de Springers cun total de 74 puntos namentres que a cazadora Sita González Carrodeguas era a gañadora en Damas con 59 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.