Mutuasport asina un acordo con ARAG para prestar servizos de asistencia en viaxe no estranxeiro
Mutuasport ven de diseñar un produto de asistencia en viaxe que se anexará ao seguro principal do cazador e que ten como finalidade cubrir os riscos principais que se poidan producir con motivo do traslado e práctica da caza no estranxeiro.
Para levar a cabo esta cobertura, Mutuasport chegou a un acordo con ARAG, principal compañía aseguradora especializada neste tipo de servizo. O acordo asinouse en Barcelona intervindo, por parte de ARAG Mariano Rigau CEO da aseguradora, e de Mutuasport Paco Piera e Javier Vergés, Conselleiro Delegado e Director Xerente respectivamente.
O produto poderase contratar a través das Federacións de Caza, mediadores colaboradores ou ben directamente con Mutuasport. Pode poñerse en contacto coa Federación Galega de Caza para consultar máis en profundidade as coberturas, prezos e condicións deste novo servizo para os cazadores federados.
Noticias relacionadas
O ourensán Jorge Vázquez coa setter “As de Arpefan” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can en Sandiás
XXXIX Campionato Galego de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia” – V Campi...
Mutuasport lanza #EnElMonteHazteVer: Unha campaña para previr accidentes de caza
Baixo o lema #EnElMonteHazteVer, Mutuasport fai un chamamento a todos os cazador...
O TSJM dá a razón á RFEC e levanta a suspensión cautelar da caza de nove especies en Madrid
O tribunal acorda levantar a medida solicitada por SEO/BirdLife tras examinar as...