Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR
Manuel Taboada gañador en O Pino
27/10/2014

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 25 de outubro disputouse nos terreos do Tecor de A Magdalena, no concello de O Pino, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

A esta fase provincial acudiron un total de 16 cazadores, e foi un campionato que, sen dúbida, estivo marcado pola abundante caza avistada, que xunto coa boa climatoloxía reinante durante toda a xornada, permitiu gozar aos cazadores dunha boa xornada cinexética.  

Foi o cazador Manuel Taboada Vigo o que obtivo mellor resultado o acadar o título de Campión Provincial con 1650 puntos. En segunda posición remataba Rubén Boquete Varela tamén con 1650 puntos. Juan Manuel Carou Rey tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando a mesma puntuación que o seu compañeiro Barge Vilela.

A estes tres cazadores acompañaranos Fabián Barge Vilela, Daniel Cebreiro García e Belisario Bertoa Suárez, conformando deste xeito o equipo que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se disputará o próximo día 8 de novembro.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
2025-11-10
O pontevedrés Iván Moure coa podenca “Pomba” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Cañiza

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility

AUTONÓMICO CAZA MENOR CON CAN
2025-11-05
Os montes do Tecor A Cañiza outorgarán o título de Campión Galego de Caza Menor con Can 2025

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza