Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ACCIDENTES
Mutuasport pon ao servizo dos cazadores federados un teléfono de urxencias 24h para accidentes de caza
21/11/2014

A Mutua de seguros para cazadores, Mutuasport, ven de poñer en marcha un teléfono de atención de urxencias 24h para accidentes de caza, a disposición de tódolos cazadores federados. En caso de ter un accidente de caza, pode poñerse en contacto se así o desexa con Mutuasport, de maneira inmediata, para facilitarlle os datos necesarios e adiantar o proceso de tramitación do parte.

Con este servizo, Mutuasport continúa coa súa estratexia de mellorar as prestacións e servizos a favor dos nosos mutualistas cazadores.

Os pasos a seguir en caso de accidente, son estos:

  1. Chamar por teléfono ao número 917-371-348 Servizo de Urxencias 24 Horas de Mutua.
  2. Identificar a condición de mutualista a través dos datos persoais do accidentado.
  3. Data e declaración detallada de como aconteceron os feitos.
  4. Lesións sufridas, danos físicos apreciables.
  5. Lugar de ocorrencia, datos da Sociedade ou Tecor onde acontece o sinistro.
  6. Datos das posibles testemuñas.

O accidente debe de ser comunicado inmediatamente despois da súa ocorrencia. Nos casos nos que non fose posible poñerse en contacto co servizo 24 HORAS de Mutuasport, Teléfono 917-371-348 e tratásese dunha URXENCIA VITAL, o lesionado poderá
recibir asistencia médica de urxencia no Centro Sanitario máis próximo. MUTUASPORT farase cargo de todos os servizos de urxencias recibidos por parte do seu asegurado, durante as primeiras 24 horas dende a data de ocorrencia do accidente cuberto pola póliza.

Para as seguintes probas e tratamentos, será necesaria a autorización previa de MUTUASPORT:

  • Intervencións Cirúrxicas.
  • Probas especiais de diagnóstico (T.A.C, R.M.N, Ecografías, Gammagrafías etc.).
  • Rehabilitación

En todos estes casos o PROVEDOR DE SERVIZOS médicos concertado solicitará a MUTUASPORT a devandita autorización, ao correo electrónico declaracionparte@mutuasport.com, ou ben ao fax 915-339-616.

Nota: Todos estes servizos están suxeitos ás condicións que rexen a póliza de seguros contratada.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL FGC
20/05/2022
Unanimidade nos acordos e despedida de Javier Nogueira da Asemblea da FGC

CURSO XUICES RRCC E COMPAK
02/05/2022
Celebrada a primeira convocatoria para novos xuíces das disciplinas de tiro

REPRESENTACIÓN GALEGA EN MADRID
21/04/2022
Os cazadores piden a dimisión de Teresa Ribera

COMITÉ GALEGO DE CAZA
04/04/2022
Xuntanza do Comité Galego de Caza e propostas da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza