Lamela foi o equipo campión
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo
O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Ourense organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor de Xinzo de Limia.
Á proba acudiron un total de 4 equipos que durante toda a maña tentaron dar caza ao raposo.
Foi o equipo “Lamela” o equipo primeiro clasificado con un total de 4 raposos capturados os cales lle outorgaron un total de 2.000 puntos. O equipo “Os homes de Paco” acadaron o segundo posto con 500 puntos. O equipo Xinzo II foi o terceiro clasificado.
Os dous primeiros equipos clasificados conformarán a representación da provincia de Ourense na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.
Noticias relacionadas
Prestacións de calidade na III Proba de Iniciación de Cans de Parada sobre Paspallás en Cedeira
...
Convocado o proceso electoral da Federación Galega de Caza
Con data de hoxe, 3 de xullo de 2026, vén de publicarse nesta páxina web da FG...