30 de novembro de -0001
CAZA DE RAPOSO

O equipo “Os Intocables” proclamouse Campión Galego

XX Campionato Galego de Caza de Raposo

O pasado sábado 17 de xaneiro tivo lugar nas localidades lucenses de Sarria e Triacastela a vixésima edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Santa Bárbara de Láncara e Triacastela.

Á proba acudiron un total de 14 equipos clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais máis o equipo campión da edición anterior e o equipo campión da Copa Galicia 2014 da especialidade.

A xornada cinexética foi transcorrendo sen imprevistos e tan so a presenza de neve en varios puntos do Tecor de Triacastela fixo preciso o cambio de manchas de algúns equipos para que puideran desenrolar a xornada de caza sen inconvenientes.

Unha xornada xélida que non foi impedimento para que cans e cazadores gozaran dun extraordinario campionato no que a abundancia de raposos foi a nota predominante, avistándose preto de un cento de raposos polos 16 equipos participantes. A partir das 13:30 horas os equipos foron facendo a súa entrada en control e o equipo veterinario alí presente analizaba as capturas. En total as capturas ascenderon a 33 raposos o cal contribuirá positivamente á supervivencia das especies de caza menor existentes nestes Tecores.

Foi o equipo coruñés de nome “Os Intocables” o que con 8 capturas e 4.000 puntos se proclamaba Campión Galego de Caza de Raposo. O segundo posto era para o equipo lucense “Os Rápidos” con 6 capturas e 3.000 puntos. O terceiro posto recaía no equipo, tamén lucense, “Parrillada Antonio” con 3 capturas e 1.500 puntos.

O xantar de irmandade e entrega de premios congregou a tódolos participantes, guías, xuíces, organización, representantes federativos e autoridades. Entre as autoridades atopábanse a alcaldesa do concello de Triacastela Olga Iglesias, o concelleiro de Deportes de Sarria Manuel Sangil, o Capitán da Zona Francisco Mira, os presidentes das Sociedades de Caza de Santa Bárbara de Láncara e Triacastela José Rego e Francisco Porral, e como representantes federativos asistían Francisco López Penelas presidente da Federación Galega de Caza en Lugo, Francisco Couselo Castiñeira presidente da FGC en Pontevedra, o delegado da competición de raposo e secretario xeral da FGC Ramón Rodríguez Cobas e Javier Nogueira Diz no seu primeiro acto oficial unha vez reelixido novamente como presidente da Federación Galega de Caza.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.