I Proba en Aberto de Cetrería de Pontevedra
O pasado 17 de xaneiro tivo lugar a I proba en aberto na provincia de Pontevedra de Cetrería organizado pola Asociación Galega de Cetrería e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Vila de Cruces.
Baixo Voo “Azores”
  En azores o primeiro  posto foi para Víctor Lama González, seguido de Francisco Javier Orosa Pazo e  Dolores Abella Otero en segunda e terceira posición, respectivamente.
Baixo Voo “Harris”
  Nesta disciplina o  primeiro posto foi para o cetreiro Francisco González García. O segundo posto  da clasificación foi para José Guizán Trastoy. Completou o podio José Antonio  Fernández Mariño. 
Sky Trial
  Rogelio Domínguez Tubío  acadaba o primeiro e segundo posto nesta disciplina namentres que Francisco  González García quedaba relegado a terceira posición.
Pequenas Aves
  O primeiro posto de  Pequenas Aves era para Francisco Javier Orosa Pazo. O novo cetreiro Brais Abella  González acadaba o segundo posto namentres que Francisco Javier Orosa Pazo  repetía na terceira posición.



		




