Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
LICENZAS
Galicia sumarase ao convenio para a emisión da licenza interautonómica de caza
20/4/2015

O proxecto dunha licenza de caza única para toda España segue adiante. Cada vez son máis as comunidades autónomas que se suman a esta iniciativa do que de momento se pode denominar licenza interautonómica.

Castela e León, Castela A Mancha, Estremadura, Madrid, Aragón e Asturias están en trámites para a sinatura do convenio, e xa se prevé que a Comunidade Valenciana ou Cantabria se unan nas vindeiras semanas ou meses, polo que xunto con Galicia quedaría resolto un problema histórico para os cazadores galegos, xa que, á falta de Andalucía, son estas rexións as máis visitadas polos cazadores da nosa comunidade.

Galicia, tras a sinatura do protocolo de colaboración fai un ano, xa ten moi avanzados os trámites necesarios para a sinatura do convenio. No Consello da Xunta acordouse xa o envío ao Consello consultivo, e será tras o ditame deste cando se remitirá o convenio ao Parlamento de Galicia para, finalmente, ser asinado polos presidentes autonómicos.

É importante destacar que, a pesar das informacións que se veñen dando nos últimos meses na prensa, aínda non é posible emitir esta licenza interautonómica, e que tan só se están dando os pasos necesarios para que sexa, máis pronto que tarde, unha realidade que sen dúbida é unha demanda histórica dos cazadores de toda España, e pola cal dende esta Federación Galega de Caza se ven loitando e reivindicando nos últimos anos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza