COMPAK SPORTING CORUÑA

Iglesias Otero foi o campión

Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting

Na xornada de onte día 27 de abril, tiña lugar a celebración do Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Foi o campo de tiro Río Sar o lugar elixido para a realización deste provincial que se disputou a 100 pratos e no que o tirador Antonio Iglesias Otero acadaba o primeiro posto con 91 pratos derribados converténdose no novo Campión Provincial da especialidade. A 3 pratos de Otero, en segunda posición remataba Daniel Cebreiro García. O terceiro posto da clasificación xeral era para Roberto Rodríguez Fernández con 87 pratos escachados.

Na categoría de Veteranos o campión era Elisardo Cea Cebreiro con 84 pratos e con 74 derribados o campión en Superveteranos era Ángel Mosquera Rodríguez. Na categoría de Damas a campioa era María de las Mercedes Saavedra Suárez, que escachaba 29 pratos, e finalmente en Xuvenís gañaba Alejandro Fernández Seco con 64 pratos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.