SAN HUBERTO

René Vale, gañador en Ferrol

Proba Puntuable para a Copa Galicia de Caza San Huberto

O pasado 6 de xuño os competidores de Caza San Huberto tiñan unha cita coa Sociedade de Cazadores Urogallo de Ferrol. Disputábase unha proba de San Huberto organizada por dita sociedade de caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Era o cazador René Vale García con “Suayper do Piago” o que se facía co primeiro posto da proba ao obter un total de 75 puntos no seu percorrido. Álvaro Suárez Mera co seu macho de setter inglés “Dino das Fontiñas” quedaba relegado a segunda posición con 70 puntos. E xa con 60 puntos o terceiro posto era para Juan José Canosa Vigo coa pointer “Z da Chousa”.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.