Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL PONTEVEDRA
Rodeiro Eiras campi贸n da proba e Salvador Sestelo campi贸n provincial
15/6/2015

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril en Xeve

A Sociedade de Caza de O Campo acollía unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre xabaril organizado pola FGC de Pontevedra.

A choiva non amedrentou aos monteiros que acudiron, en moi bo número, a participar nesta fase provincial clasificatoria para o autonómico da especialidade. Máis de 30 monteiros con 42 cans tentaron facerse un oco na fase final na que resultaba claro dominador o monteiro Francisco Rodeiro Eiras ao acadar o primeiro e segundo posto cos cans “Cho” e “Rato” con 228 e 218 puntos respectivamente. Na terceira posición, con 205 puntos, situábase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez co seu can “Vikingo” acadando deste xeito o título de campión provincial.

A FGC de Pontevedra nas súas tarefas de promover a participación de xóvenes na caza e na competición cinexética outorgou o título de “Campión Xuvenil”  a Fran Abelleira Caramés.

A Selección Provincial quedou composta polos seguintes monteiros: Salvador Sestelo, Antonio Sánchez, Álvaro Fontenla, Generoso Aragunde, Juan A. Frieiros, Adolfo Vázquez, Agustín Vigo, Manuel Bujan, Oscar Alvela e Miguel A. Feijoo.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios por parte dos directivos da sociedade de caza e da FGC de Pontevedra, entre os que se atopaba o presidente provincial Francisco Couselo, puxo o punto e final a esta fase provincial clasificatorio para o autonómico da especialidade que terá lugar o vindeiro 4 de xullo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

GALEGO DE FIELD TARGET
16/04/2019
Antonio Paz en Pist贸n e Luis Gutierre en PCP foron os Campi贸ns Galegos en R谩bade

CAN DE OURO - RASTRO DE COELLO
15/04/2019
O lote propiedade de Oscar Esparis foi o campi贸n do Can de Ouro en Rastro de Coello

I PROBA SOLIDARIA DE SAN HUBERTO
15/04/2019
Picallo Pi帽贸n e Canosa Vigo foron os ga帽adores da I Proba Solidaria en Riberas do Tambre

PROVINCIAL A CORU脩A SAN HUBERTO
08/04/2019
Roberto Dopico, Juan Jos茅 Canosa e Nicolasa Gonz谩lez campi贸ns provinciais en Porto do Son


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza