Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FECAP - SEMANA VERDE SILLEDA
Milleiros de visitantes acheg谩ronse ao stand da FGC na II edici贸n da FECAP
15/6/2015

II Feira de Caza, Pesca e Natureza enclavada na Abanca Feira Internacional de Galicia

Dende o pasado 11 ao 14 de xuño tivo lugar a II Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da “ABanca Feira Internacional de Galicia”. Como ocorreu na primeira FECAP, Silleda tamén contou nesta segunda edición ca numerosa presenza de cazadores, pescadores e amantes das actividades no medio natural.

A Federación Galega de Caza volvíase a presentar en FECAP cun stand atendido ininterrompidamente por traballadores/as da institución, no que os cazadores e o público en xeral, puideron atopar toda a información sobre as actividades que desenrola a Federación así como os servizos que ofrece a cazadores e sociedades de caza federadas, a máis de atopar folletos, exemplares da revista Galicia Cinexética, roupa corporativa, etc. Moitos cazadores e directivos de sociedades de caza interesábanse polos seguros federativos destacando o “Seguro Premium” pero, sen dúbida, foi a exposición dunha arcea albina capturada fai 3 anos nas ribeiras do río Miño en Lugo un dos atractivos que facía que milleiros de cazadores e persoas en xeral se achegaran ao stand federativo e observaran e se fotografaran con tan peculiar exemplar.

Como ocorreu na primeira edición, a interacción da FGC coa FECAP non so se resumía ao stand senón que a Federación Galega de Caza participaba e dinamizaba activamente a FECAP coa celebración de actividades que congregaron a numeroso público, como foron probas de Agility, tiro con arco, exhibición de cetrería, de cans de parada e xabaril, e intervindo na II Feira de Cans de Caza, etc.

A FGC tamén participaba na xornada do venres na reunión de constitución da Xunta de Homologación de Trofeos a través dos representantes federativos Luis Eusebio Fidalgo, Francisco López e Alejandro Lorenzo.

O presidente federativo, Javier Nogueira, tamén mantiña o venres unha xuntanza a través da cal facía unha proposta de patrocinio a ABanca.

Unha das actividades máis destacadas que a Federación desenrolou nesta segunda edición foi a celebración de cursos para xuíces nas disciplinas de caza San Huberto e cans de parada, rastro de xabaril e coello e por último Compak e Percorridos. Estes cursos congregaron a máis de 100 futuros xuíces.

No transcurso das catro xornadas que comprenderon esta II Feira de Caza, Pesca e Natureza a Federación estivo representada dende a inauguración á clausura con diferentes directivos, entre os que se atopaban o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, o secretario da FGC, Ramón Rodriguez e o presidente da FGC, Javier Nogueira, entre outros.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS FORMACI脫N
30/10/2017
Ampla e activa participaci贸n no II Curso de Formaci贸n de A Coru帽a

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a m谩is de 400 nenos de Estremadura

EN PONTE CALDELAS
9/1/2016
A VI Monter铆a "脕 Galega" volveu resultar un 茅xito

GRATUITO
9/11/2016
Proxecto E4SPORT 2.0 de emprendemento en xesti贸n deportiva dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza