Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO PERCORRIDOS CAZA
Cebreiro García impón o seu dominio en Río Sar
22/6/2015

XXVIII Campionato Galego de Percorridos de Caza

O campo de Tiro de Río Sar vestiuse de gala na xornada de onte 21 de xuño para acoller a XXVIII edición do Campionato Galego de Percorridos de Caza. Unha edición que non deixou indiferente ás máis de 70 escopetas que se achegaron a Trazo para gozar da cita máis destacada do tiro autonómico.

As elevadas temperaturas acadadas durante o campionato, superando os 32º grados durante case toda a xornada, foi un hándicap mais para os tiradores. Tiradores que ao remate da proba destacaron a organización do campionato levado a cabo pola Federación Galega de Caza e o traballo na elaboración dos campos por parte da Sociedade Deportiva Río Sar. As traxectorias dos pratos, os esquemas e os campos saíanse do “normal” e fixo as delicias das mellores escopetas autonómicas citadas en Río Sar.

Todo comezaba a primeira hora da maña para rematar entrado o serán. Un total de 150 pratos que poñía en serios apertos a afamados tiradores como Antonio Iglesias, Roberto Rodríguez, Martín Baqueiro, Luis Sánchez, etc. O tirador Daniel Cebreiro García chegaba ao campionato como favorito tras acadar fai escasos días o autonómico de compak e o tirador de A Coruña non defraudou. Cebreiro marcaba un forte ritmo dende os primeiros pratos que voaban en Río Sar o que fixo que os seus máximos rivais, Antonio Iglesias e Roberto Rodríguez, non foran quen de reducir distancias.

Cunha tremenda regularidade e concentración Daniel García Cebreiro convertíase no flamante Campión Galego de Percorridos de Caza con un total de nada menos 138 pratos, completando así unha fantástica tempada. Con 136 pratos, e ata o día de onte actual Campión Galego da especialidade, o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández non foi quen de revalidar o título autonómico e tívose que conformar con unha máis que meritoria segunda praza. O varias veces campión galego Antonio Iglesias Otero completaba o podio e acadaba a medalla de bronce con 135 pratos.

En veteranos, José Carlos Álvarez Pazó e Elisardo Cea Cebreiro outorgaron ao numeroso público un empate a 124 pratos que se tivo que resolver cunha tirada de desempate que puxo os nervios a flor de pel. Ao remate, Álvarez Pazó gañoulle a partida a Elisardo Cea e converteuse deste xeito no campión galego da categoría. Juan Garrido Amoedo era o terceiro clasificado con 117 pratos escachados.

Artemio Formoso Barro era o campión na categoría de Handisport con 123 pratos. Destacar a brillante tirada realizada polo xoven tirador Alejandro Fernández Seco que remataba con un total de 116 pratos e se convertía no campión galego de xuvenís. Non nos esquecemos de nomear ao segundo e terceiros clasificados, os xovenes tiradores Antón Moure Segade e David Nieto Seoane.

En superveteranos Ramiro Barral Mantiñan desbancaba do trono de campión ao archicampión Ángel Mosquera Rodríguez que nesta ocasión se tiña que conformar coa medalla de prata.

E xa por último, pero non menos importante, María Mercedes Saavedra Suárez facíase co título de campioa galega de Donas con 78 pratos escachados.

O Delegado de Tiro da FGC, Toño Toxa, o Vicepresidente 2º da FGC na Coruña, José Balado Casal, e o presidente da FGC, Javier Nogueira, non quixeron perder detalle de todo o campionato seguíndoo dende primeira hora e facendo unha extraordinaria valoración do mesmo na entrega de premios no cal o máximo representante federativo tamén aproveitou a ocasión para felicitar aos campións e alouvar, en xeral, o fantástico traballo de Río Sar non so neste campionato se non nos últimos anos e felicitar en particular a entrega desinteresada do seu presidente Luis Sánchez Mancebo para o fomento do tiro en Galicia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza