Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
INTERCAMBIO
Unha nova promoción do Curso de Protección do Medio Natural visita a FGC
30/6/2015

Xa van tres veces en dous anos, e parece que se vai converter en tradición: unha nova promoción de alumnos do Curso de Protección e Control do Medio Natural, que se imparte no Centro de Formación San Paio do Monte de Santiago de Compostela, visitou esta mañá a sede da Federación Galega de Caza, para coñecer máis de preto a actividade federativa e, sobre todo, aprender sobre qué é exactamente a caza e ser cazador.

A experiencia comezou o pasado ano polo mes de febreiro, e continuou no pasado mes de agosto, agora de novo, un grupo de 17 alumnos encabezados pola titora Teresa Cela, recibía unha pequena charla por parte do Secretario Xeral da Federación Galega de Caza, Ramón Rodríguez, e polo Vogal da FGC Emilio Bolaño, quen posteriormente responderon a tódalas dúbidas dos asistentes.

Este tipo de intercambios son moi satisfactorios e enriquecedores, tanto para os alumnos asistentes, que coñecen moito máis de cerca a realidade da caza e os cazadores galegos, desmontando moitos prexuízos e mitos, así como para a propia Federación, que recibe unha boa dose do sentir, das dúbidas, das inquedanzas e das críticas destes futuros protectores do medio natural.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

O deporte máis natural na natureza
2025-06-10
A FGC achega a Natureza ós rapaces

CANS DE RASTRO SOBRE XABARIL
2025-05-21
Galicia é un referente nas probas de cans de rastro sobre xabaril

PRESENTACION NACIONAL XABARIL
2025-05-16
Presentación oficial do Nacional de Xabaril Salvaxe

EXAME DO CAZADOR
2025-04-24
Modificacións do exame do cazador


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza