Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
Jorge Vázquez e Veracruz Abelenda en individual e Agility Compostela e Tercans por equipos, Campións Galegos de Agility
28/7/2015


Campións Galegos por equipos, categoría Standard

A fin de semana do 25 e 26 de xullo, organizadas por Euskogal, Grupo de Trabajo Canino, tiveron lugar a 9º e 10º probas da Liga Autonómica de Agility. As probas celebráronse nas instalacións de Aquapark, en Cerceda. Coincidindo coa proba celebrouse tamén o I Campionato Galego de Agility. Os resultados foron os seguintes:

I Campionato Galego de Agility:

Campión individual en categoría estándar: Jorge Vázquez con “Modia” do Club Agility Compostela. O segundo clasificado desta categoría foi Carlos Souto con “Indi” de Teocan e o terceiro Manuel Santomé con “Gon” de Tercans.

Campiona individual en categoría midi-mini: Veracruz Abelenda con “Blass” do Club Teocan A segunda clasificada desta categoría foi Rocío Hermelo con “Tris” e o terceiro José Angel con “Lume” ambos de Tercans.

Campión por equipos en categoría estándar: equipo de Agility Compostela formado por Jorge Vázquez con “Modia”, Silvia López con “Cata” e Fernando Estevez con “Pepa”. O segundo clasificado foi o equipo de Teocan formado por Félix Fernández con “Honta”, Serafín López con “Lúa” e Carlos Souto con “Indi”. O terceiro clasificado foi o equipo constituído por Agility Compostela e Patas do que formaban parte Julio Freire con “Chika”, Violeta Pereira con “Po” e Alba Alonso con “Moira”.

Campión por equipos en categoría midi-mini: equipo de Tercans formado por José Angel con “Lume”, Rocío Hermelo con “Tris” e Iago Sánchez con “Dagga”. O segundo clasificado foi o equipo constiuído por Agility Compostela e Patas formado por Julio Freire con “Peka”, Violeta Pereira con “Romi” e Rosa Méndez con “Simba”. En terceiro lugar quedou o equipo de Agility Compostela formado por Brais Blanco con “Pelusa”, Jorge Vázquez con “Núa” e Alba Alonso con “Misha”.


Campións Galegos por equipos, categoría Mini/Midi

Probas da Liga Autonómica de Agility

Sábado

En grao 2, categoría estándar o gañador foi Jorge Vázquez con “Modia” e en segundo lugar quedou Silvia López con “Cata”, ambos de Agility Compostela.  En terceiro lugar quedou Carlos Souto con “Indi” de Teocan.

En grao 2, categoría midi-mini gañou Julio Freire con “Peka” de Agility Patas, en segundo lugar quedou Iago Sánchez con “Dagga” de Tercans e en terceiro lugar, Carlos Souto con “Hachi”, de Teocan.

Domingo

En grao 2, na categoría estándar o gañador foi José Carlos Iglesias con “Urko” de Agility Wecan, en segundo lugar quedou Jorge Vázquez con “Modia”, de Agility Compostela e en terceiro lugar Francisco Sousa con “Rus”, de Tercans.

En grao 2, categoría midi-mini gañou Carlos Souto con Hachi, de Teocan; en segundo lugar quedou Violeta Pereira con “Romi” de Agility Patas, e en terceiro lugar Rocío Hermelo con “Tris” de Tercans.

Xulgou a proba D. Bruno Otero.


Á esquerda, Campio Galega en categoría Midi/Mini, á dereita, Campión Galego en Standard

Arquivo PDF Resultados completos Grao 2

Arquivo PDF Resultados completos Campionato Galego

Clasificacións finais

Grado I
Grado II Mini/Midi
Grado II Standard

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza