Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AG脕RDASE ESTE ANO
A licenza interauton贸mica, un aforro para moitos cazadores galegos
14/8/2015

O pasado 10 de xullo o Ministerio de Agricultura, Alimentación, e Medio Ambiente, dou luz verde ao convenio de colaboración entre o Ministerio e as Comunidades Autónomas de Galicia, Castela A Mancha, Castela León, Extremadura, Madrid, Aragón, Principado de Asturias, e a Comunidade Valenciana, para o establecemento das licenzas interautonómicas de caza, deixando o convenio aberto a novas adhesións doutras Comunidades .

Segundo avanzou  a Directora Xeral de Conservación da Natureza á Federación Galega de Caza, a Xunta está a traballar no operativo necesario para poder expedir a nova licenza durante a tempada 2015-2016. Nun principio a obtención da licenza deberá ser presencial a través dos departamentos territoriais da Consellería, sen embargo xa se está a traballar nun soporte informático de intercambio automático de información para tramitala por vía telemática nun futuro próximo.

A Federación Galega de Caza non dispón de datos reais dos cazadores que traspasan as fronteiras galegas para cazar noutras Autonomías, pero segundo o último estudo realizado, no ano 2013, pola FGC en colaboración co Departamento de Estatística da Facultade de Matemáticas da USC, máis dun 18% dos cazadores practicou a caza fóra de Galicia.

Segundo as licenzas que se tramitan a través da FGC, pódese concluír que os galegos desprázanse maioritariamente a cazar ás dúas Castelas (97%),  mentres que o 3% restante fano principalmente a Extremadura, Madrid, Andalucía e Principado de Asturias.

Coa nova licenza interautonómica, que custará 70 € anuais, aqueles cazadores que ademais de cazar en Galicia crucen a fronteira para cazar nas dúas Castelas, xa estarían aforrando  43 € anuais, aforro que se verá incrementado considerablemente no caso daqueloutros cazadores que acudan a cazar a máis Comunidades.

Baixa o número de cazadores, pero aumenta a porcentaxe de federados

Na táboa seguinte pódese observar a evolución das licenzas de caza e dos federados durante o período anterior, así como a proporción entre cazadores e federados:

2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
% cazadores federados 36,16 % 34,72 % 35,32 % 37,92 % 52,15 % 40,91 % 39,68 % 41,29 % 42,35 % 43,22 % 43,03 %

No período comprendido entre 2004 e 2014, a evolución de cazadores en función das licenzas de caza foi negativa, por cada 100 cazadores que había no 2004, 21 deles deixaron de selo no ano pasado. Sen embargo, no referente a federados, deixaron de estar federados 6 de cada 100, polo que a proporción entre estes e os cazadores medra 15 puntos positivos durante o mesmo período.

Existen varios factores a ter en conta no descenso de cazadores que se está a producir nos últimos anos. A escasa incorporación dos mozos á actividade -un 4% dos cazadores teñen na actualidade entre 16 e 25 anos fronte ao 6% que superan os 75 anos- obedece principalmente á perda de habitantes da CCAA, que afecta particularmente ás provincias do interior (Lugo e Ourense) onde a caza é o deporte tradicional por antonomasia (no período 2004-2014 as provincias de Lugo e Ourense perderon un 10% de poboación); pero tamén existen outras causas, entre as que cabe sinalar, a implantación do exame do cazador, non esquezamos que ata o ano 2007 os cazadores galegos obtiñan a licenza de caza sen ter que superar ningunha proba teórica; e sobre todo a que cada vez os galegos somos máis urbanitas, a poboación concéntrase nas cidades, e por tanto ademais de estar menos ligados ás tradicións do rural  tamén existen menos facilitades para practica-la caza.

A pesar dos datos anteriores, non hai que ser alarmista, porque o deporte cinexético non periga en absoluto, nin a curto nin medio prazo, xa que o 78% dos cazadores galegos están na franxa de idade comprendida entre os 18 e 65 anos, situándose a idade media nos 50-55 anos. 

De tódolos xeitos, se temos en conta a participación no deporte cinexético federado, a Caza sitúase no segundo posto do ranking do Deporte Galego detrás de fútbol, e no terceiro a nivel nacional despois de fútbol e baloncesto.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

FECAP
10/06/2019
Intensa participaci贸n da FGC na VI edici贸n da FECAP

OS VEDADOS DO XABARIL
06/06/2019
A supresi贸n de 300.000 hect谩reas de vedados dos Tecores para a caza do xabaril

#AcazaTam茅nVota
26/04/2019
Primeiras valoraci贸ns da campa帽a 鈥淓 de caza que?鈥 da FGC ante os comicios nacionais

INFO FGC
24/04/2019
A FGC presenta as achegas ao Decreto da Carne de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza