PERCORRIDOS DE CAZA

Antonio Iglesias e Ramón Noya foron os mellores no Carballiño

 

 

Tendo de esceario o campo de tiro federativo  “Pol da Piteira” (Arcos), os pasados días 12 e 13 de setembro celebrouse o I Campioanto de “Percorridos de Caza” en terras do Orcellón organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense.

Evento que se disputou  en tres canchas a  25 partos, que  formaba parte do programa das Festas Patronais do San Cibrao (Carballiño) e no que tomaron parte preto das 40 escopetas chegadas ata alí desde diversos puntos de Galicia.
 
Tocante os máis destacados, os mellares tiradores foron os coruñeses  Antonio Iglesias  e Ramón Noya. Ámbolos dous con 24 pratos rachados, compartindo deste xeito a primeira posición, xa que pola ausencia deste último non se pudo celebrar o obrigado desempate para decidir o gañador.
Na segunda posición clasificouse Isaac Penedo, con 23 pratos.
En handisport o mellor sería Juan José Iglesias e en “damas”, María de las Mercedes Saavedra (Santiago) impuxose na súa categoría.
 
Cometar tamén, que o ambiente foi do mellorciño que temos visto e vivido nestas probas, mentres  o nivel da tirada, a pesar de que a chuvia desluciu por momentos o seu desenrolo, foi moi alto a decir do Director da tirada,  José Manuel Rogel, Delegado Provincial desta especialidade deportiva.
 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.