Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUNICIÓN DE CHUMBO
Os cazadores galegos din “Non, á prohibición do perdigón de chumbo"
01-10-2015

  

Na xornada de onte os representantes da Federación Galega de Caza (FGC), reuníanse no Parlamento de Galicia cos representantes parlamentarios de AGE, PSdeG-PSOE, BNG e Grupo Mixto –o pasado día 16 facíano cos Populares-  aos que lle manifestaron a súa oposición á proposición de Lei do BNG pola que se pretende modifica-la Lei de Caza de Galicia para prohibi-lo uso do cartucho con perdigón de chumbo.

A nova Lei de Caza de Galicia, entrou en vigor en xaneiro de 2014, e con apenas un ano de vida –a proposición de lei foi admitida a trámite en febreiro do 2015- o Parlamento de Galicia pretende a súa modificación co único obxecto de prohibi-lo uso de munición de chumbo, discriminando aos cazadores galegos respecto dos seus compañeiros españois e europeos; pois ata nos países máis comprometidos coa protección medioambiental, como poden ser Noruega ou Finlandia, voltaron a permiti-lo seu uso. 

A comisión federativa trasladoulle aos representantes dos Grupos Parlamentarios que, de seguir adiante esta proposición, a FGC oporase a esta medida, que considera precipitada, desinformada, e carente dunha base científica sólida para ser levada a cabo; e fixéronlle entrega aos representantes políticos dun informe científico, elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre “O chumbo na munición de caza”.

Os representantes dos cazadores galegos, consideran que a prohibición do perdigón cargado con chumbo non debe partir dun goberno autonómico, porque causaría un desaxuste lexislativo, contradicindo as medidas e estándares a nivel europeo e mesmo mundial, e abocando ao cazador galego a unha situación de illamento respecto aos do resto do país.

  

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CÓMIC CINEXÉTICO - FGC PONTEVEDRA
2025-11-24
Presentación do cómic “De non existir… habería que inventala”

A VERDADE DOS CANS DE CAZA
2025-11-03
Os cazadores esixen rigor a partidos políticos e medios de comunicación tras o informe do Goberno que desmonta a mentira do abandono de cans de caza

CURSOS DE FORMACION FGC
2025-10-01
Comenzan os Cursos de Formación da FGC con máis de 250 cazadores inscritos

REGULAMENTO DE ARMAS
2025-09-26
Reunión coas Intervencións de Armas e Explosivos de Zona da Garda Civil para unificar criterios na aplicación do Regulamento de Armas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza