Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PARA IMPULSAR A MOCIDADE
A FGC crea o colectivo de Xuventudes pola Caza
13/1/2016

Apenas un 7% dos cazadores teñen menos de 31 anos.

Galicia perdeu entre os anos 1987 e 2014 o 50% dos cazadores –de 94.067 pasou a 46.591-, e o 35% dos que practican a caza superan os 60 anos mentres que apenas un 7% son menores de 31 anos. 

A FGC, consciente do problema de relevo xeracional, ven de crear na asemblea celebrada no pasado mes de decembro o colectivo Xuventudes pola Caza, ao que se adscriben os cazadores federados menores de 31 anos. 

Xuventudes pola Caza nace co obxecto de promover e divulgar a  caza, e tódalas actividades relacionadas con ela ou coa práctica das distintas especialidades deportivas tuteladas pola FGC, entre os máis mozos.

Nos próximos días a Xunta Directiva da FGC designará á Comisión de Xuventudes que estará integrada por un mínimo de catro membros, e que actuará como órgano técnico e asesor da Federación, coordinando tódalas actividades encamiñadas aos máis mozos. Entre as súas funcións, cabe subliñar as seguintes:

  • Fomentar –entre os máis novos- a figura do cazador como ecoloxista, amante da natureza, e defensor do medio natural.
  • Promocionar –entre a xuventude- a caza como deporte saudable, que se desenvolve nun entorno ao aire libre en contacto coa natureza.
  • Divulgar –entre os mozos- a caza como unha actividade sostible, e como elemento de conservación e recuperación dos ecosistemas.
  • Impulsar actividades encamiñadas ao relevo xeracional.
  • Elevar proposta á xunta directiva da FGC para fomentar, a través da educación e da formación, as boas prácticas cinexéticas entre a xuventude.
  • Asesorar á FGC en todo aquilo referente á xuventude en materia de caza

Na sección de Xuventudes, nesta páxina web, poderá consultarse toda a información e actividades dirixidas  a este colectivo. 

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza