Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA DE RAPOSO
A cuadrilla "Os Intocables" de Mazaricos gaña o Campionato Galego
18/1/2016

Dous raposos capturados no ecuador da cacería déronlle a victoria á cuadrilla “Os Intocables” de Mazaricos (A Coruña), na Final Autonómica de Caza do Raposo que se levou a cabo o domingo 17 de xaneiro baixo a organización da Federación Galega de Caza, nos Tecores das sociedades Caza e Pesca da Cañiza e “Santa Bárbara” de As Neves.

Acontecemento no que participaron  un total de 15 equipos (150 cazadores) previamente clasificados nas fases precedentes, e que tivo de punto neurálxico o Hotel “O Pozo” de A Cañiza, onde se levou a cabo a concentración, saída, entrega de pezas e a clausura do torneo. Campionato no que os participantes dispuxeron de catro horas e media de cacería (de 9 a 13,30), nunha mañá máis ben fría. Neste tempo levantáronse 15 raposos e capturáronse un total de cinco pezas, aínda que unha non puntuou ao chegares fora de hora ao posto de control.

Clasificación

  • 1º e campión, “Os Intocables” (Mazaricos), con 2 raposos
  • 2º e subcampión, “Raposeiros de San Mamede” (Dumbría), con 1 raposo
  • , “Aparta que aí vamos” de Cospeito (Lugo), con 1 raposo

Saliantar, que a pesar de acadarse unha percha xeral tan cativeira, con tódalas cuadrillas que falamos amosáronse satisfeitas da organización e dos escenarios escollidos para a proba, pero tamén un tanto contrariados pola abundancia de corzos que fixo que os  cadelos se lles fosen detrás deles case que toda a mañá o que supuxo que moitas apenas puideran cazar o raposo.

Esta  Final viuse arroupada por diversas autoridades locais e provinciais, entre as que se atopaban Daniel Benavides, Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra; Pablo Cabellero Javierre, Xefe do Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia en Pontevedra; Miguel Adolfo Domínguez, alcalde da Capital da Paradanta; Fernando González Fernández, Xefe do posto da Garda Civil de A Cañiza, varios federativos como Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral da Federación Galega de Caza. Francisco Couselo Castiñeiras, Presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra. Responsables das sociedades anfitrioas, Jesús Antonio Rodríguez Fernández e Xavier Sobrado. E, presidindo a Mesa de Autoridades, Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, que fixo uso da palabra, ao igual que o Alcalde e que Pablo Caballero, o remate do xantar de confraternidade, poñendo todos eles de manifesto a importancia que ten a caza e o bo facer dos cazadores neste eido.

Concluídas as oratorias procedeuse a entrega de distincións, placas, medallas e  agasallos os gañadores. Amosándose o equipo vencedor, “contentísimo de haber gañado este importante Campionato no que compiten os mellores de Galicia”, sentenciaron. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza