Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
APOSTA POLA NORMALIDADE
A ONC valora positivamente que se vaian resolvendo os contenciosos entre Federacións Autonómicas de Caza e a RFEC
26/2/2016

A Oficina Nacional de la Caza, la Conservación y el Desarrollo Rural (ONC), da que forma parte a Federación Galega de Caza, valora positivamente que aos poucos se vaian resolvendo os procedementos contenciosos que existen entre as federacións autonómicas e a Real Federación Española de Caza.

E é que hoxe se fixo pública a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Archidona que rexeita e desestima integramente a demanda interposta pola Real Federación Española de Caza (RFEC) fronte á Federación Andaluza de Caza en reclamación dineraria correspondente ás licenzas federativas expedidas no ano 2013. A sentenza do Xulgado malagueño condena á RFEC ao abono de todas as costas do proceso.

Esta sentenza súmase ás xa ditadas no mesmo sentido por xulgados de Galicia, Castela León, Castela A Mancha e Navarra.

A ONC, entidade que aglutina ao 100% dos sectores relacionados coa caza e a conservación, confía en que unha vez que se vaian resolvendo os lexítimos contenciosos xudiciais as augas volvan á súa canle e retómese a normalidade en todos os niveis do sector cinexético.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza