Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
A FGC define as súas achegas ao Anteproxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia
8/4/2016

Co fin de analizar e establecer as achegas que presentará ao recente Anteproxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, a Federación Galega de Caza reunía onte na súa sede en Santiago de Compostela a algúns dos seus principais expertos en cans, así como de outras especies afectadas por este anteproxecto, como as aves de cetraría.

Na xuntanza, na que tamén tomaban parte o Presidente da FGC, representantes das catro federacións provinciais e a Asesora Xurídica da Federación, analizáronse e debulláronse as achegas formuladas polos propios membros desta comisión, así como as recibidas por parte de cazadores, sociedades e outros colectivos afectados por este texto, que fixeron chegar as súas inquedanzas e suxestións á Federación.

As principais achegas faranse aos artigos que establecen as obrigas dos propietarios e posuidores dos animais, das prohibicións de determinadas condutas, do transporte, da regulamentación das canceiras, da identificación e rexistro dos cans, da aves de cetraría, das infraccións e sancións, e do silencio administrativo, entre outros temas que tamén se trataron na xuntanza.

Nos vindeiros días a FGC fará chegar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, entidade tramitadora deste anteproxecto, as súas achegas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza