Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROXECTO DE ORDE
A FGC insta á Consellería de Medio Ambiente a que retire a relación da caza co uso de veleno
15/4/2016

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio facía pública nas últimas semanas o Proxecto de Orde pola que se aproba o Plan de acción para a loita contra o uso ilegal do veleno no medio natural de Galicia, proxecto que a FGC valora moi positivamente.

No obstante, o borrador deste texto inclúe varios parágrafos nos que relaciona de forma moi directa a caza co uso de veleno, como o seguinte:

Na avaliación da distribución estacional destes casos, constátanse dous períodos anuais de alta concentración de episodios que coinciden co inicio e fin da temporada hábil de caza. Este patrón, habitual tamén noutras comunidades autónomas, amosa a existencia en Galicia dun posible vínculo entre as ditas actividades.

A Federación Galega de Caza, mediante un escrito dirixido á Directora Xeral de Conservación da Natureza, e presentado hoxe dentro do prazo de alegacións públicas a este texto, insta á Consellería a que suprima calquera referencia que relacione a caza co uso do veleno, xa que esta é “unha afirmación inxustificada, sen ningún tipo de rigor, baseándose en opinións persoais sen contrastar, ou mesmo en feitos e/ou circunstancias puntuais”.

Dende a FGC agárdase que se teña en conta esta solicitude e que o texto definitivo desta orde, que por outra banda apoia totalmente, non amose unha imaxe tan negativa e falsa do cazador galego.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CÁRITAS ANTE O CORONAVIRUS
01/04/2020
A FGC, como non podía ser doutro xeito, tamén participa nesta donación fronte o covid-19

#EuQuédomeNaCasa
31/03/2020
Cazadores galegos solidarios loitando contra o covid-19

CAZA DURANTE O CONFINAMENTO
27/03/2020
Resposta do Presidente da FGC á nova "El coronavirus no frena la caza en Galicia"

POR MOR DO CORONAVIRUS
12/03/2020
A FGC suspende as actividades e competicións deportivas previstas para este mes de marzo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza