Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AXUDAS
Publicadas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
20/4/2016

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola  que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se convocan  subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos,  sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia,  para o desenvolvemento de actividades deportivas.

En total, concedéronse axudas por importe de 1.970.000 € (70.000 € máis que na anterior convocatoria), destinándose 1.850.000 € aos clubs e sociedades anónimas deportivas, e 120.000 € ás agrupacións deportivas escolares coorganizadoras da campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.

En relación ao número de beneficiarios, no que respecta aos clubs e sociedades anónimas deportivas, valoráronse un total de 1539 solicitudes, resultado beneficiarias 1204, o que supón 113  solicitudes beneficiarias máis que na anterior convocatoria. Ao respecto das agrupacións deportivas escolares, resultaron beneficiarias as 26 entidades solicitantes.

Os beneficiarios dispoñen de prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención, dende mañá xoves 21 de abril, ata o venres 20 de maio de 2016.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza