Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES
Un total de 123 paxaros participaron na fase provincial de Pontevedra
26/4/2016

O pasado 24 de abril, disputouse no concello pontevedrés de O Grove a fase provincial de paxaros cantores organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Ornitolóxica de O Grove.

Esta décima edición do Campionato Provincial destacou pola alta participación, congregándose ata un total de 123 paxaros repartidos nas seguintes modalidades: 29 liñaceiros, 59 xílgaros, 14 verderolos, 5 mixto de liñaceiro, 13 mixto de xílgaro e 3 mixto de verderolo.

Actuaron como xuíces Manuel Ángel Chao Porto, Iván Fajardo, Jesús Ángel Fajardo e sendo o Director da Proba Rafael Prol Caneda. Unha vez rematadas as quendas de participación, a clasificación final resultou do seguinte xeito:

Na categoría de Liñaceiro, o gañador foi Diego Novas Martínez con 9 puntos. Seguido de José Costas Rodríguez con 9 puntos e José Antonio Álvarez Padín con 5 puntos pero xa en terceira posición.

 En Xílgaro, o primeiro posto foi para Germán Alcalde Cebreiro con 46 puntos. O segundo posto recaeu en Javier Gallego Nogueira con 37 puntos. O terceiro posto ocupouno Rodríguez Álvarez con 15 puntos.

Na categoría de Verderolo o gañador foi Francisco Otero Grandal con 18 puntos. Pablo Corrales González con 15 e 13 puntos obtiña o segundo e terceiro posto.

En Mixto de xílgaro os tres primeiros postos foron acadados por Felix Romay Pérez con 80, 67 e 60 puntos.

En Mixto de verderolo o gañador foi Francisco Otero Grandal con 7 puntos. E o segundo posto era para Manuel Otero Martínez con 1 punto.

Na modalidade de Mixto de liñaceiro o gañador foi José Manuel Rodríguez Costas cun total de 14 puntos, que tamén repetía en segunda e terceira posición con 12 e 3 puntos respectivamente. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza