ENTRADA LIBRE E GRATUITA

O Concello de Laracha organiza unha charla informativa sobre a Lei de Protección de Animais

A Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz, estará mañá martes na Laracha para explicar o contido do anteproxecto da nova Lei de protección e

  • Ás 19:30 na Casa da Cultura da Laracha.
  • Será impartida por Ana Díaz, Directora Xeral de Conservación da Natureza.
  • Entrada libre e gratuíta.

A Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz, estará mañá martes na Laracha para explicar o contido do anteproxecto da nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía, así como as melloras que se incluirán na normativa tralas propostas presentadas polas diferentes entidades e asociacións durante o período de exposición pública.

O encontro celebrarase a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura, con entrada libre e gratuíta para todas as persoas que desexen acudir e resolver todas as súas dúbidas ao respecto.

Esta nova lei está a ser tramitada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio co obxectivo de establecer as normas que garantan a protección e benestar, así como a posesión e tenza responsable, dos animais de compañía, incluíndo os silvestres mantidos en catividade con fins distintos dos produtivos.

Entre os contidos a tratar na charla están o uso dos cans en actividades cinexéticas ou, entre outras moitas cuestións, determinadas prohibicións na utilización de ferramentas de adestramento dos animais domésticos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.