Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO DE XABARIL
José Manuel Barreiro, dominador en Antas de Ulla
30/6/2016

O pasado 26 de xuño disputábase na localidade lucense de Antas de Ulla unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizada pola Sociedade de Caza Santa Mariña en colaboración coa Federación Galega de Caza en Lugo.

Na proba participaron un bo número de monteiros cos seus respectivos cans que tentaron facerse un oco na fase final desta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade. 

Nesta fase final o claro dominador foi José Manuel Barreiro Rivadas que cos seus dous cans “Brisa” e “Ludo” obtivo a primeira e segunda posición con 233 e 218 puntos respectivamente. Xa en terceira lugar remataba Francisco Romero Álvarez co seu can de nome “Bala” e un total de 200 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
2025-11-10
O pontevedrés Iván Moure coa podenca “Pomba” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Cañiza

SELECCION GALEGA AGILITY
2025-11-05
Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility

AUTONÓMICO CAZA MENOR CON CAN
2025-11-05
Os montes do Tecor A Cañiza outorgarán o título de Campión Galego de Caza Menor con Can 2025

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza