CAZA MAIOR

Amizade, altas temperaturas e primeiras capturas

A pasada fin de semana deu comezo en Galicia a tempada de Caza Maior celebrándose as primeiras batidas a corzos e xabarís. O reencontro cos nosos compañeiros e

A pasada fin de semana deu comezo en Galicia a tempada de Caza Maior celebrándose as primeiras batidas a corzos e xabarís. O reencontro cos nosos compañeiros e amigos cinexéticos e as altas temperaturas foron as notas predominantes nestas dúas primeiras xornadas de caza maior nos montes galegos.

A falta de rodaxe e unhas temperaturas sufocantes minguaron o bo facer dos nosos fieis cans a hora de desenvolver os rastros deixados por corzos e xabarís, pero iso non impediu que xa se produciran as primeiras capturas.

Os cazadores galegos teñen por diante 5 meses para gozar de infinidade de lances nunha contorna privilexiada. Colaboración nos danos, seguridade e unha caza sostible deben ser os piares desta nova campaña cinexética.

Boa caza

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.