COMUNICADO DA FGC

Consellos para a custodia das armas

No derradeiro mes foron varios os sucesos de roubos e intentos de roubo de armas a cazadores galegos, feito este que puxo en alerta a todo o colectivo cinexético ao ser unha situación que nunca antes sucederá apesares de que a FGC, en varias reunións, coa Administración e órganos competentes na materia xa tentou buscar sen éxito unha cobertura legal á custodia de ditas armas.

Ante isto a Federación Galega de Caza aconsella aos cazadores tomar unha serie de medidas para garantir dita custodia e evitar situación desagradables nas nosas xornadas de caza:

  • Extremar as precaucións na vixilancia das nosas armas non perdendo de vista a súa situación e a custodia da mesma.
  • Nos nosos descansos tentar non perder o contacto visual co vehículo ou lugar onde temos gardado o noso rifle ou escopeta.
  • Durante os rastros das batidas deixala baixo a tutela / vixilancia dalgún membro da cuadrilla.
  • Nunca deixar a arma enfundada visible dende o exterior do noso vehículo.
  • En caso de atoparnos ou desconfiar de persoas amigas do alleo alertar as autoridades competentes.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.