EN NOVEMBRO

Novo prazo para a solicitude do recoñecemento como Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN)

A Secretaría Xeral para o Deporte inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.

Os interesados en ser recoñecidos deberán presentar:

  1. Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. 
  2. Unha vez cuberta dita solicitude, o Presidente ou Secretario da Federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  3. A Federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2015.
  4. Os interesados presentarán fotocopia de DNI
  5. Certificado do padrón de veciñanza administrativa

As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:

  • Escola Galega de Administración Pública, EGAP
    Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781
    Santiago de Compostela

  Descargar solicitude

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.