Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CETRARÍA EN ORDES
Paz Millán e Guizán Trastoy en Baixo Voo e López Penas en Sky Trial foron os Campións Galegos
4/11/2016

XV Campionato Galego de Cetrería e VIII Copa Pequenas Aves

O pasado 28, 29 e 30 de outubro disputouse o XV Campionato Galego de Cetrería no concello coruñés de Ordes. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Asociación Galega de Cetrería, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia e o concello de Ordes.

Sky Trial

Na modalidade de Sky Trial renovaba o título de Campión Galego Oscar López Penas, o subcampionato recaía en Francisco González García e o terceiro posto do podio era novamente para Oscar López Penas.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.

Na categoría de Azores o Campión Galego era Antonio Paz Millán. Pedro Antonio Sanjuan Martínez facíase co segundo e terceiro posto da clasificación xeral. 

En Harris o campión era José Guizán Trastoy seguido en segunda posición por Ignacio Orge García. O terceiro posto era para o cetreiro José Gregores Álavarez.

VIII Copa Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba gañador Evaristo González Rodiño.  O segundo clasificado era Víctor Manuel Pérez Rodríguez e xa en terceira posición finalizaba Rafael Regos Martínez.

Despedida

Foron tres días de alta competición cetreira e na que se impartiron coñecementos relativos ao mundo da cetrería para todos aqueles cetreiros e non cetreiros chegados dende diferentes puntos da xeografía galega e fora de ela. Exposicións de aves rapaces, telemetría, etc fixo que Ordes fora o epicentro da cetrería durante a pasada fin de semana. A entrega de premios e a pequena homenaxe a Dolores Abella polo seu traballo ao fronte da Asociación Galega de Cetrería puxo o punto e final a este Campionato Galego na que estiveron presentes diferentes autoridades entre as que se atopaba o presidente da FGC Javier Nogueira e a Directora Xeral da Natureza Ana María Díaz.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza