
O sábado 13 de decembro despoutouse nos montes da Sociedade Deportiva de Caza e Pesca de Rodeiro a edición XXXIII do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas “Xunta de Galicia”. Proba organizada pola Federación de Pontevedra e contando coa colaboración da mencionada Sociedade de Cazadores.
Un total de 11 deportistas acompañados dos seus respectivos cans e xuíces tomaron saída neste provincial que contou con José Manuel Martínez como Director da Proba.

Foi Iván Ramos Cabada con "Sira" o que o obtivo o título provincial ao presentarse no control con duas pezas abatidas que lle reportaron un total de 1.000 puntos. José Antonio Vasconcellos Vicente co setter "Azor" era o segundo clasificado con 500 puntos, namentras que o terceiro posto da clasificación final era para Javier Calvo Simoes tamén con 500 puntos acompañado da setter de nome "Nena".
Estes tres cazadores máis José Carlos García Meijomil e Cristian Gabián Rodríguez conforman a selección provincial.
Na clausura do evento acompañaron a Francisco Couselo, Presidente da Federación Galega de Caza de Pontevedra; o Alcalde anfitrión José Luis Camiñas e o seu Tenente de Alcalde, Alberte Lamazares; e o Presidente da Sociedade de Cazadores de Rodeiro, Álvaro Juiz, entre otros.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Pensos Bichoucos.









