CORZO

Este sábado 1 de abril da comezo a tempada de asexos de corzo en Galicia

A tempada corceira estenderase dende o 1 de abril ao 31 de xullo

A riqueza natural, gastronomía e densidade corzuna fan da nosa comunidade un destino privilexiado para os amantes desta modalidade de caza e singular especie. Serán centos de asexistas galegos e visitantes chegados de diferentes lugares do territorio nacional os que se acheguen á ampla oferta de precintos que posúen os Tecores de Galicia, en especial os de Lugo.

Lembrar a necesidade de que tódolos cazadores chegados de outras Comunidades Autónomas deberán realizar os trámites administrativos pertinentes para a expedición da Licenza de Caza de Galicia ou a Licenza Interautonómica.

Dende a Federación Galega de Caza desexámoslle a cazadores, sociedades de caza, guías e gardas, unha ventureira tempada de asexos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies e tecnoloxías similares para optimizar a túa experiencia de navegación, ofrecerche publicidade personalizada e analizar o uso do noso sitio. Consulta a nosa política de cookies para máis información.