Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING CORUÑA
Iglesias Otero imponse na fase provincial
3/4/2017

O pasado día 2 de abril, disputouse nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar, o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba acudiron un total de 39 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos en diferentes canchas e con traxectorias moi diversas e con varios niveis de dificultade.

Foi o tirador Antonio Iglesias Otero o que se impuxo na clasificación xeral con 85 pratos escachados, non sen antes ter que resolver un intenso desempate con Daniel Cebreiro García que quedaba relegado ao segundo posto. Completou a clasificación xeral Roberto Rodríguez Fernández en terceira posición con tamén 85 pratos esnaquizados.

Na categoría de Veteranos impúxose o tirador Fernando Sánchez Mancebo con 78 pratos na mentres que o tirador José María González Rodríguez con 67 pratos resultaba gañador en Superveteranos.

En Damas a gañadora era María Mercedes Saavedra Suárez con 65 e en Xuvenís subía ao máis alto o xoven tirador David Nieto Seoane con 64 arxilas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO XABARIL
2025-06-16
Julio Ferradás con “Copy” proclamouse novo Campión Galego de Rastro sobre Xabaril

NACIONAL DE XABARIL
2025-06-13
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025

PROVINCIAL COMPAK SPORTING CORUÑA
2025-06-09
Cebreiro domina o provincial coruñés de Compak

COMPAK SPORTING OURENSE
2025-06-03
Francisco Javier Villanueva renova o título de campión provincial de compak


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza