Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAN DE OURO
J. M. Barreiro en Xabaril, Alfonso Rey en Coello e J.M. Carnota e Pedro Iglesias en Caza Práctica, foron os campións
10/5/2017

O pasado sábado 6 e 7 de maio, o Tecor Societario Halcón de Mazaricos da provincia de A Coruña acollía a VII edición do Campionato de Can de Ouro organizado polo Clube "Amigos dos Cans de Caza" en colaboración co concello de Mazaricos e a Federación Galega de Caza en A Coruña. 

Na xornada do sábado tiña lugar a proba de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril que congregaba un bo número de cans conducidos polos seus respectivos monteiros. A proba discorreu nuns terreos moi propicios para a práctica desta modalidade deportiva. O campión da proba foi monteiro Jose Manuel Barreiro Rivadas coa súa cadela "Brisa" obtendo unha puntuación de 255 puntos. A segunda posición era para Francisco Rodeiro Eiras co can "Rato" e 249 puntos. Na terceira posición situábase Antonio Sánchez Sexto co can "Tito" e 248 puntos.  

Na mesma xornada tamén se disputou a proba de Cans de Rastro sobre Coello á que asistían un total de 20 lotes de cans e se repartían en varios campos no que a densidade de caza era suficiente para disputar este tipo de probas. 

Foi Alfonso Rey Baulde co seu lote composto por "Trust", "Clay", "Trasno" e "Xouba" o que acadaba a primeira posición cunha participación na que sumou un total de 565 puntos. A tan so 13 puntos do primeiro clasificado situouse en segunda posición o lote propiedade e de Jose Antonio Fernández Alves composto por "Sila", "Lina", "Mora" e "Lasi" con 552 puntos. Con 537 puntos e en terceira posición rematou o lote formado por "Ría", "Chirca", "Iran" e "Pol" propiedade de Juan Formoso Raposo. O premio o mellor can da proba foi para "Trust" con 150 puntos e propiedade do primeiro clasificado Alfonso Rey Baulde.  

Xa na xornada do domingo disputouse a proba de Caza Práctica. Á proba acudiron un total de 26 cans dos cales 23 pertencían a Razas Británicas e 3 a Continentais. Foi o director da proba, Miguel Ángel Cambeiro Blanco, o que deu a coñecer a clasificación que resultou do seguinte xeito:

En Razas Británicas o gañador foi José María Carnota co setter ingles macho de nome “Halcón de Reinadama” cunha cualificación de 1º EXC. Coa mesma cualificación pero en segunda e Terceira posición remataban Fernando Manso co PH de nome “Kia” e Ignacio Pérez con PM de nome “Thor”, respectivamente.

Pedro Iglesias co braco alemán “Fandi de la Judería” era o gañador en Continentais cunha cualificación de MB. O sendo posto era para Vicente Cortés con “Denon de Mirandaola” cun Bo. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza