Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
“Rato” de Francisco Rodeiro foi o mellor no provincial de Pontevedra
15/5/2017

O pasado 13 de maio, un día climatolóxicamente ruín, prexudicando a choiva e o forte vento o bo desenvolvemento dunha competición que tivo de anfitrión o lugar de Valdroa en Viascón (Cotobade) que foi catalogado polos participantes de “excelente escenario”;  desenvolvíase o XV Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, no que participaron 27 monteiros e 35 cans, sendo o nivel competitivo “alto”, a dicir dos  árbitros da contenda.

O exercicio transcorreu entre as 9:30 e as 14:30 do serán e estes foron os resultados:

CLASIFICACIÓN 

  • 1º da proba, Francisco Rodeiro Eiras, con “Rato” e 214,50 puntos.
  • 2º e campión de Pontevedra, Sebastián Martínez Gómez, con “Vikingo” e 209,50 puntos.
  • 3º e subcampión pontevedrés,  Salvador Sestelo Núñez, con “Pumuki” e 208,50 puntos.

XUVENÍS

  • 1º, Manuel Rodríguez Áspera, con “Capitán” e 117 puntos
  • 2º, Francisco Abilleira Caramés, con “Rejo” e 100,50 puntos.
  • 3º, Xosé Ángel Blanco Falcón,  con “Chela” e 64 puntos.

Rematado o tradicional xantar de confraternización que presidiu o presidente da FGC de Pontevedra, Paco Couselo, e o que asistiu tamén o Alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, así como o presidente social de caza, Jorge A. Ventín Lorenzo, entre outras autoridades, procedeuse a entrega de premios e a clausura do evento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza