Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AXUDAS
Novo prazo de solicitude do recoñecemento de Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN) en xuño
24/5/2017

Dende a Secretaría Xeral para o Deporte recórdase que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de xuño.

O procedemento é o seguinte:

  1. Presentar modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade. 
  2. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  3. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.
  4. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
  5. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.

As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na 

Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781
Santiago de Compostela

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza