Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SEMANA VERDE SILLEDA
Exhibicións, competicións, cursos, sorteos e moito máis no stand da FGC en FECAP
7/6/2017

Un ano máis a Federación Galega de Caza contará cun stand na vindeira FECAP ABanca, a feira de caza e pesca que terá lugar os vindeiros 8 a 11 de xuño no marco da Feira Internacional de Galicia ABanca, en Silleda (Pontevedra).

Son varias as actividades dirixidas aos máis novos, como a solta de paspallás e coellos no biotopo, ou a demostración por parte de dous cativos, da disciplina de Cans de Rastro de Xabaril.

Ao longo dos catro días da feira non faltarán exhibicións de varias disciplinas deportivas da FGC, como son Field Target, Tiro con Arco, San Huberto e Cans de Parada, ou Agility. Precisamente o Agility contará un ano máis, coa celebración de dúas probas puntuables para a Liga Autonómica desta disciplina, unha o sábado pola tarde e outra o domingo pola mañá.

O sábado os cazadores galegos terán a posibilidade de amosar a solidariedade do colectivo achegándose á unidade móbil de doazón de sangue que estará presente a carón do pavillón onde se atopa o stand da FGC. Tamén o sábado terá lugar a Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza.

No stand federativo estará sempre presente un representante do colectivo Xuventudes pola Caza, para amosarlle aos cazadores máis novos as actividades que están a preparar. Tamén nos acompañará a cetreira Nuria Gallego, militar da BRILAT, cunha águia harris. Ademáis, un simulador de tiro permitirá a tódolos visitantes do stand da FGC gozar dunha pequena xornada de caza virtual.

Para completar a oferta federativa, e durante os catro días da feira, levaranse a cabo dous sorteos cada día. En cada un dos cales haberá 8 premiados, cada un deles cun obsequio distinto, entre os que se atopa un Seguro Federativo PREMIUM, entre outros obsequios de distintas casas comerciais colaboradoras.

A continuación pode descargar o programa con tódalas actividades que organizará a FGC este ano:

Descargar Programa de Actividades da FGC na FECAP ABanca 2017

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza