Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TAMEN A FGC
Máis de 60 organizacións únense tras a traizón de PSOE e Cidadáns ao mundo rural
26/6/2017

Máis de 60 entidades representativas do mundo rural estarán mañá presentes ou representadas na rolda de prensa que se convocou en Madrid co obxectivo de anunciar as medidas contundentes que adoptarán estes sectores tras a traizón do Congreso ao mundo rural, que se concretou no rexeitamento á modificación da Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, cos votos en contra de PSOE e Podemos e a abstención de Cidadáns.

Nesa rolda de prensa intervirán José Luis Bruna, presidente da Federación Española de Pesca; Anxo López Maraver, presidente da Real Federación Española de Caza; Santiago Iturmendi, presidente da Oficina Nacional da Caza, a Conservación e o Desenvolvemento Rural (ONC); Luís Fernando Villanueva, director da Fundación Artemisan; e Agustí Albiol, portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca.

Así mesmo estarán presentes ou representadas entidades como Federación Española de Pesca y Casting, ADESP Asociación del Deporte Español, Plataforma en Defensa de la pesca, Federación Andaluza de pesca deportiva, Federación Aragonesa de pesca y Casting, Federación de Pesca de Castilla la Mancha, Federación de pesca de Castilla Leon, Federación Extremeña de Pesca, Federación Gallega de Pesca, Federación Madrileña de Pesca y Casting, Federación Navarra de Pesca, Federación de Pesca Valenciana, Federación Riojana de Pesca, Federación Vasca de Pesca y Casting, Federación Asturiana de Pesca Deportiva, Federación Balear de Pesca, Federación Canaria de Pesca y Casting, Federación de pesca de la Ciudad Autónoma de Ceuta, Federación Milillensa de pesca y Casting, Federación Murciana de Pesca, ADAP Asociación de Distribuidores de artículos de pesca, AFIDAD Spanish Sport Industry Association, OPP Organización Española de Productores y Piscicultores, EFTA European Fishing Tackle Trade Association, ANEM Asociación de Empresas Náuticas, AGESPESCA Asociación Andaluza de pesca recreativa y ocio, AEBASS Asociación Española de Pesca de Black-Bass, Asociación de Pesca Recreativa de Albacora, Ayuntamiento de Isla Mayor,  Ayuntamiento de Caspe, Federación Andaluza de Caza, Federación Catalana de Caza, Federación Aragonesa de Caza, Federación Galega de Caza, Federación Navarra de Caza, Federación de Caza de Castilla y León, Federación Extremeña de Caza, Federación de Caza de Castilla-La Mancha, Federación de Caza del Principado de Asturias, Federación Balear de Caza, Federación Canaria de Caza, Federación Cántabra de Caza, Federación de Ceuta de Caza, Federación Madrileña de Caza, Federación de Caza de Murcia, Federación Riojana de Caza, Federación de Caza de Euskadi, Federación Valenciana de Caza, ADECAP, APROCA, ARRECAL, Asociación Española de Rehalas, APAVAL, ADEMAC, Junta Nacional de Homologación de Trofeos de Caza, ASICCAZA, ANARMA, UNAC, ATICA Castilla-la Mancha, ATICA Guadalajara, Asaja y Fundación Toro de Lidia.

Tamén están convidados a asistir todos os representantes doutras entidades do mundo rural que queiran sumarse á convocatoria.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza