Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS DE CAZA
O valenciano Cristóbal Jiménez, Campión de España en Río Sar
24/7/2017

Os mellores resultados dos tiradores galegos foron para Daniel Cebreiro, terceiro clasificado en segunda categoría, José Manuel Torres campión de terceira categoría, Artemio Formoso campión en Handisport e o clube Río Sar subcampión na categoría de Equipos de Clubes. O galego Antonio Iglesias foi o galego mellor clasificado na categoría xeral absoluta no posto decimosétimo.

Do pasado 20 ao 23 de xullo tivo lugar en Galicia, en Río Sar, o Campionato de España de Percorridos de Caza que estivo organizado pola Real Federación Española de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Un campionato que foi unha mostra da consolidación das federacións autonómicas entorno a Real Federación Española de Caza e que puxo de manifesto o potencial organizativo da Sociedade de Caza Río Sar e da FGC, levando a cabo un campionato de enorme beleza e calidade organizativa que se viu reflectido pola participación récord, 360 tiradores, desta 43º edición do Campionato de España de Percorridos de Caza.

Este nacional disputouse nas instalacións de Río Sar e na Canteira Pedra Facha, 200 pratos os que se enfrontaron os tiradores con 8 liñas de tiro e cada unha de elas con 4 postos que provocaron que as mellores escopetas nacionais e chegadas de fora de España gozaran coas diversas e fermosas traxectorias dos pratos.

Todo comezaba o xoves día 20 de xullo coa entrega de dorsais e o acto inaugural no que diversas autoridades daban a benvida a Galicia aos 360 tiradores e a un milleiro de acompañantes. 

E xa no apartado competitivo foi o tirador Cristóbal Jiménez, representante da comunidade valenciana, o que acadaba o Campionato de España de Percorridos de Caza, con 186 pratos, seguido por Jaime Valentín, de Madrid, con 180 pratos, e Juan M. Bolea, tamén da comunidade valenciana, igualmente con 180 pratos.


Campións absolutos do Nacional de Percorridos 2017

Xunto con estes tres campións en primeira categoría, en Segunda categoría ocuparon as primeiras prazas David Tena (Valencia), Nicolás Martínez (A Rioxa) e Daniel Cebreiro (Galicia), e en Terceira categoría José Manuel Torres (Galicia), Miguel Delgado (Andalucía) e Iván Marín (Cataluña) ocuparon as mellores posicións. O campión Galego de Percorridos, Martín Baqueiro, quedouse ás portas do bronce cun máis que destacado cuarto posto.

Entre os tiradores Juniors Alejandro Calvo (Castela A Mancha) consiguiu o primeiro posto, seguido de Carlos Carbonell (Valencia) e Eduardo Crespo (Andalucía).


O galego Daniel Cebreiro bronce en 2ª categoría

En canto á categoría de Damas, a imbatible Beatriz Laparra (Castela A Mancha) foi líder da clasificación seguida de Ana María Verdasco (Extremadura) e Cristina Florido (Andalucía). A tiradora galega Mercedes Saavedra fixo un destacado campionato rematando en 5ª posición.

Luis Carlos Segura (A Rioxa), Juan Badia (Cataluña) e Luis Navarro (Valencia) ocuparon os postos na categoría de Veteranos, e en Superveteranos Rafael Insa (Valencia), Vicente J. Ayarza (País Vasco) e Santiago Castillero (Madrid), coparon a clasificación.

En Handisport, o gañador foi novamente, o tirador galego Artemio Formoso.


O galego José Manuel Torres campión en 3ª categoría

Por equipos autonómicos, tamén Valencia colocouse no máis alto do podio, gracias ao equipo formado por José J. Moreno, Juan M. Bole, Julián Moreno e Cristóbal Jiménez, que acadaron un total de 714 pratos. 

O Clube Fuente de la Dehesa A, integrado por Federico V. Pérez (Castela A Mancha), Jaime Valentín (Madrid) e Jesús Gracia (Castela A Mancha) foron os campións da clasificación final por equipos de clubs con 516 pratos. O equipo da Sociedade Río Sar composto por Antonio Iglesias, Daniel Cebreiro e Martín Baqueiro obtiveron a medalla de prata con 506 pratos.


Río Sar, equipo subcampión na categoría de Equipos Clubs

Rematada a competición tivo lugar a entrega de premios con destacadas autoridades entre as que se atopaba a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Miguez, acompañada do presidente da RFEC, Ángel López Maraver, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, o expresidente da RFEC, Manuel Andrade, así como representantes das diversas federacións autonómicas participantes.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO DE CAZA MENOR ADAPTADO
14/10/2019
O galego Artemio Formoso gañador do primeiro Campionato de España de Caza Menor con Can para Cazadores Adaptados

NACIONAL DE PERCORRIDOS DE ARCO
07/10/2019
Dolores Bugarín, Jacobo Santoro, Lee Ramsdale e José Caruncho foron os arqueiros galegos que troixeron medallas para Galicia

GALEGO DE RASTRO DE COELLO
05/10/2019
O muradán Alfonso Rey proclámase en Valga Campión Galego de Rastro de Coello

CARA DE CAN
30/09/2019
Francisco Bautista con “Rambo” gañador na Cañiza do “Cara de can”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza