RASTRO COELLO CORUÑA

José Antonio Fernandes gañador en Camariñas

O pasado sábado 16 de setembro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor Cabo Villano de Camariñas, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Moitos levantes e persecución proporcionaron o disfrute de cans e participantes neste Campionato Provincial no que destacou a ampla participación con 64 cans inscritos en 16 lotes.

Foi o lote propiedade de José Antonio Fernándes Alves o que acadaba o título provincial co seu lote formado por “Sila, Mora, Lina e Lassie” con 523 puntos. O subcampionato recaía en José Javier Suárez Rama co seu lote composto por “Canela, Monsieur, Sarela e Oda” e 521 puntos. O terceiro posto era para o lote propiedade de Oscar Esparís Agra cos seguintes cans “Hix, Pol, Eros e Fofur”.

A cadela de nome “Sila” propiedade do campión José Antonio Fernándes Alves foi nomeado como Mellor Can da proba con 140 puntos.

Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade. Unha final autonómica que se disputará nos primeiros días do mes de outubro.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.