Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS DE CAZA
Elisardo Cea adxudícase o Memorial en Río Sar
4/10/2017

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

O pasado 30 de setembro disputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da disciplina de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane disputado a 100 pratos e organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron mais de medio cento de tiradores chegados das catro provincias galegas que desfrutaron dunha intensa xornada de disparos e pratos. 

Rematada a competición, foi o tirador Elisardo Cea Cebreiro o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 87 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba Antonio Iglesias Otero. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo tirador Luís Hidalgo con 86 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador José González Yáñez con 82 pratos escachados. Ángel Ramón Vidal Quintela e Mario González Yáñez acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente con 79 pratos, tras realizar o desempate.

Na categoría Junior o gañador era Antón Moure Segade con 68 pratos e en Superveteranos impoñíase José María González con 70 pratos.

Na categoría Handisport o gañador era Artemio Formoso Barro con 84 pratos.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención especial as casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición. 

Un xantar de irmandade puxo o colofón a este Memorial.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza