EN OS BLANCOS

Jaime Pintos gañador do provincial de caza menor de Ourense

Cunha participación cativeira comparándoa coa que soe competir nas outras provincias galegas, pero coa mesma  ilusión, empeño e deportividade dos participantes, e tendo de escenario un Tecor de luxo, o pasado sábado 21 de outubro cazadores ourensáns disputaban entre as 9 da mañá e a 1 do mediodía en terras do municipio ourensá de Os Blancos, o Campionato Provincial de Caza Menor can. Catro horas de exercicio nas que se capturaron un total de 9 pezas (6 paspallás, 1 parrulo, 1 lebre e 1 perdiz). Resultados que foron  etiquetados  polos protagonistas de “moi bos” para os tempos cinexéticos que corren.

CLASIFICACIÓN

  • 1º e Campión, Jaime Pintos Davila (Os Blancos), con 750 puntos (1 parrulo e 1 perdiz)
  • 2º e subcampión, Mikel Álvarez, con 460 puntos (1 lebre 1 paspallás)
  • 3º, Abel Andrés Otero, con 200 puntos (2 paspallás)
  • 4º, Rubén Martínez,  tamén con 200 puntos (2 paspallás)
  • 5º, Jorge Vázquez, con 100 puntos (1 paspallás)

Como novidade salientar a entrega de trofeos no mesmo posto de control. Particularidade que foi acollida moi ben polos presentes. Tamén destacar a espléndida organización por parte da Federación Galega de Caza en Ourense e o Tecor de Os Blancos, o bo tempo reinante e as atencións recibidas por parte do federativo Manuel Feijoo Castro, así como de Alfonso García Rodríguez, presidente do Tecor e tenente de alcalde, de Miguel García Rodríguez, un colaborador nato; de José Martínez Dorrío (Garda Rural) e de Abel Arana (directivo social).

Dicir por último, que o tradicional xantar de confraternización serviu de broche final ao acontecemento deportivo e que a Produtora Lumavisión Galicia, una vez máis, rodou unha ampla reportaxe do acontecemento que se pode ver na propia canle de You Tube da produtora, na páxina web da Federación e Vía Tv. A todo isto engadir que noticias e fotografías do encontro venatorio foron subidas puntualmente as redes sociais polo equipo de Lumavisón Galicia segundo se ían producindo.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.