Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN TORDOIA
O ourensán Jorge Vázquez Iglesias, novo Campión Galego de Caza Menor con Can
6/11/2017

O gañador, chegando ao control

Coa  brillantez acostumada e a deportividade de sempre, o pasado día 4 de novembro disputábase en montes do concello  coruñés de Tordoia  baixo a disciplina da Federación Galega de Caza o XXXI Campionato Autonómico de Caza Menor con Can no que se impuxo o ourensán,  Jorge Vázquez, con unha perdiz e 500 puntos. Proba “referente” da Federación  na que participaron 21 escopetas previamente clasificadas nos respectivos provinciais, mailo campión da pasada edición, o lucense Bernardo Traseira quen non foi capaz de revalidar o título. 

A competición que estivo dirixida polo ourensán de Xinzo, Manuel Feijoo, comezaba ás 9 da mañá baixo indicios de forte chuvia que logo practicamente se quedaría niso, en ameaza. Nestas primeiras horas da mañá, como non  podía ser doutro xeito, os contentos e as ilusións palpábanse no ambiente para logo irse marchitando a medida que avanzaban ás cinco horas de exercicio (9 da mañá a 2 da tarde). O primeiro en entrar no posto de control (13:21 h.) sería Rubén Martínez Bugallo con cero pezas. E o derradeiro o campión do ano anterior o lugués, Bernardo Traseira (da sociedade Carballido e Bóveda), o que se presentou fora de hora e polo tanto foi descualificado.

Un campionato con pouco historia, pois si ben a climatoloxía non foi o problema que se pensaba, a fauna cazable “escondeuse” dos participantes, véndose poucas pezas e cazándose moitas menos (capturáronse 5 pombas, 1 coello 1 faisán e 1 coello), o que non quer dicir que non sexa un bo escenario, pero os nervios, o descoñecemento do terreo e a precipitación nos disparos foron, segundo contaron, os principais “culpables” de que non se pillara a vintena de pezas que prognosticaba antes de darse a saída o mandamais social, José Lamas “Luís”, que, o remate amosábase desgustado polo escaso botín. Un cativeiro morral. Certo. Pero tamén é verdade que a historia repítese, pois nas competicións cinexéticas todos sabemos que é cando menos caza se cobra. De tódolos xeitos esa pobreza cazadora viuse compensada pola boa organización e o trato recibido dos organizadores: Federación Galega de Caza e sociedade locataria “San Xulián”.

Os tres primerios clasificados da proba

CLASIFICACIÓN

  • 1º e Campión, Jorge Vázquez Iglesias (Castro Caldelas / Ourense) con 1 perdiz e 550 puntos. Cazou co cadela “Musa”.
  • 2º e subcampión, Era Adrián Martínez Vilasenín (La Rosaleña / Pontevedra), con  1 coello e 350 puntos. Cazou con “Zara”.
  • 3º.- José A. Vasconcellos Vicente (A Rosalesa/ Pontevedra), con 1 faisán e 200 puntos. Cazou con “Mimo”.

XANTAR E DISCURSOS

Concluída a competición e como é costume, levouse a cabo o tradicional xantar de confraternidade ocupando lugar destacado na mesa presidencial, Emilio Bolaño, Vogal da Federación Galega de Caza na Coruña. Emilio Regueiro, Vogal da Sociedade de Tordoia. Manuel Feijoo, Director da competición. José Dafonte, cazador e Alcalde de Trazo. Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral da FGC.  Antonio Pereira Liñares, Alcalde de Tordoia. José Lamas, Presidente da Sociedade anfitrioa. E José Mª Álvarez, Coordinador de Competición da FGC.

No apartado de discursos, o Presidente do Tecor C-10088-San Xulián de Tordoia, Lamas Becerra “Luís”, volveu a lamentar que se abatira tan pouco, “agardabamos ben máis e os directivos estamos decepcionados”, dixo. Mentres Antonio Regueiro falou do mal que quedaran os participantes coruñeses,”e xogando na casa hai que gañar, gañar e gañar”, desexándolle sorte aos representantes galegos na seguinte fase.  

Para o Alcalde, Antonio Pereira, os inimigos da caza son os ecoloxistas e non os cazadores, “vótannos aos cazadores a culpa de todo pero nos somos os que coidamos os montes”, precisou, para engadir, que viña de ascendencia cazadora de toda a vida,  e que tanto o seu avó, como o seu pai e el mesmo levaban a caza moi dentro, “aínda que agora estou máis pendente das obrigas que teño co Concello que da caza”, puntualizou. 

Pechou este apartado o Secretario Xeral da FGC,  Ramón Rodríguez Covas, referíndose a que na Federación, “traballamos os 365 días do ano para que se coñeza o noso mundo e se respete”. Tamén aludiu á entrevista co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o que os representantes federativos lle amosaron as realidades e inquedanzas do colectivo, como que “o deporte federado en Galicia e o terceiro de España” ou que é lamentablemente que no Parlamento Autonómico non haxa “nin unha soa voz que represente aos cazadores”, aclarou. 

O remate das oratorias procedeuse a entrega de trofeos os cinco mellor clasificados e a imposición de medallas acreditativas os tres primeiros, mentres o Alcalde, Antonio Piñeiro Liñares, agasallaba  aos presentes co libro “Tordoia está preto de ti”. Exemplar ilustrativo que recolle as principais belezas culturais, naturais e turísticas do Municipio.

O Secretario Xeral da FGC, Ramón Rodríguez Cobas, entregando a placa ao Campión Galego

AGRADECEMENTOS

Para terminar, salientar a participación como xuíz de campo da lucense,  Leia de A Pastoriza e o noso agradecemento. para o alcalde, Antonio Pereira, para a Directiva da Sociedade e moi especialmente para o seu Presidente, “Luís”. E para o garda  de caza e pesca local, Miguel Ángel Naya, quen acompañou  polo monte o longo da mañá ao equipo de filmación de Lumavisión Galicia que, como xa ven sendo habitual, realizou unha ampla reportaxe do acontecemento no que, ademais do desenrolo do Campionato,  poderemos contemplar na canle de YouTube Lumavisión Galicia e na Web da Federación Galega de Caza,  algúns dos principais atractivos  turísticos do Municipio de Tordoia  ¡Precioso! 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza