Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN RELACIÓN Á CAZA DO RAPOSO
O Presidente da FGC tacha de “mentiras e sensacionalismo” as declaracións do deputado do BNG Luis Bará
2/3/2018

Nogueira considera que as declaracións do deputado do BNG Luis Bará faltan maliciosamente á verdade e ao mesmo tempo cualifica de “frouxo e ambiguo” ao Partido Popular.

O Presidente da Federación Galega de Caza (FGC), Javier Nogueira, ante as noticias aparecidas nas últimas horas nos medios de comunicación sobre a iniciativa do grupo parlamentario do BNG en relación cos campionatos e a Supercopa Galega de caza de raposo, critica duramente as declaracións dos deputados do Partido Popular (PP) e do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Nogueira considera que o BNG, promotor desta iniciativa, “debería coñecer o destino exacto das subvencións que percibiu a FGC”, cualificando ademais de “inaceptable falta de coherencia, seriedade e rigor a postura do Partido Popular”. Resulta curioso cando menos que a comisión que debatía esta iniciativa acadara a unanimidade cando para problemas tan perentorios e transcendentais para a nosa sociedade como a xustiza, a sanidade, a educación ou o sistema de pensións, seguen sen tan sequera achegar posturas.

Segundo as declaracións do deputado do BNG Luis Bará recollidas nos medios de comunicación, nas que asegura que os convenios firmados o pasado ano por importe de 53.000€ son destinados a campionatos de caza que inclúen o raposo, Nogueira cualifica de “falsas e descontextualizadas” estas afirmacións. A FGC recibiu durante o exercicio 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o importe de 25.000€ para a realización de “Actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética”, consistentes unicamente en formación sobre prevención da sinistralidade na caza, primeiros auxilios e xestión de sociedades de caza. Ademais, a FGC recibiu 28.404,90€ da Secretaría Xeral para o Deporte para “Promoción e desenvolvemento do deporte cinexético”, sendo a federación deportiva que menos ratio recibe por federado, a pesar de ser a segunda de maior implante en número de federados en toda Galicia, e a primeira no rural galego, con un mínimo de un club por concello, e mesmo acadando ata cinco nalgúns. Da axuda recibida do Deporte Galego, tan só 12.000€ son para a organización dos 14 campionatos galegos das disciplinas deportivas que ten regulamentadas esta federación deportiva, que organizou ao longo da pasada tempada preto de 100 competicións oficiais.

Polo tanto, dicir que a totalidade da subvención recibida da Xunta de Galicia –que, por certo, apenas supón un 6,9% do presuposto total da FGC- está totalmente destinada aos campionatos, é faltar intencionadamente á verdade.

O Presidente Javier Nogueira tamén salientou a “frouxidade e ambigüidade” do deputado do PP Gonzalo Trenor, que sendo representante dun grupo político tan arraigado no rural agora se avergoñe de aparecer xunto a unha boa parte dos seus votantes. Un rural que respira caza, e que sofre negativamente calquera decisión en contra desta actividade. Nogueira considera que se cede ante as presións dos outros grupos se está “a gobernar de costas á realidade do rural”.

A Federación Galega de Caza comprende e acepta que cada grupo político teña a súa opinión sobre a actividade cinexética, pero o que non pode tolerar é que se minta, se terxiverse a realidade ou se ceda ante a presión mediática duns poucos para poñer en risco unha actividade legal, regulada e totalmente necesaria para a xestión, conservación e recuperación da biodiversidade que practican na actualidade uns 45.000 galegos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria

CURSO FORMACIÓN AGILITY
17/06/2024
Curso de Xuíces de Agility da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza