Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO CORUÑA
René Vale, Juan José Canosa e Sandra Rodríguez campións provinciais
19/3/2018

Chegaba unha edición máis da fase provincial de A Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que participaron un total de 20 cazadores cos seus respectivos cans.

A Federación Galega de Caza de A Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión o Tecor de Castelo de Vitres-Folgoso das localidades de Boiro e A Pobra do Caramiñal para disputar o provincial de Caza San Huberto.

O cazador René Vale García facíase con este provincial de Caza San Huberto ao completar un percorrido, ca seu setter inglés de nome “Suayper de Piago”, que lle reportou unha puntuación de 66 puntos. Con 60 puntos e a prata era para Juan José Canosa Vigo, con “Zeus da Chousa”. Remataba en terceira posición Ramón Picallo Piñón co pointer macho “Nike” con 59 puntos.

Na disciplina de Springer o campión era Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 70 puntos. E en segunda posición remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Piti de Forvelaz” e 55 puntos.

En Damas a campioa era Sandra Rodríguez Rego que participaba co setter inglés “Don das Fontiñas” e obtiña 43 puntos.

Como novidade nesta edición e con extraordinaria acollida por parte dos cazadores tivo lugar unha proba de iniciación á competición na modalidade de San Huberto na que puideron participar calquera cazador federados que o desexaran e que non participaran en ningunha competición oficial de San Huberto. Esta proba estivo xulgada por un xuíz titular da FGC que foi o encargado de dar unhas pautas básicas antes do comezo da proba. 

Sen carácter oficial, a FGC de A Coruña, quixo facer entrega de premios e agasallos a aqueles tres primeiros cazadores que mellor resultado acadaron nesta proba de iniciación. Foi o novo cazador José Manuel Torres Parada o que obtivo o primeiro posto con “Enxa”, Juan Manuel Carou Rey con “Tito” rematou en segunda posición e completou este “singular” podio Jesús Manuel Lamas Becerra con “Malta”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
2025-09-15
Os beagles de Abralde Crujeiras gañadores do provincial coruñés de coello

CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA
2025-09-08
“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

CAMPIONATO GALEGO CANS PARADA
2025-09-01
O setter “Único” de Antonio Vilar e o braco “Iron” de Jaime Aneiros, foron os Campións Galegos da Copa Galicia de Cans de Parada 2025

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza