Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PUNTUABLE COPA GALICIA
René Vale gaña o I Campionato de San Huberto no Pino
02/05/2018

Revé Vale, José María Carnota e Manuel Taboada gañaron o pasado 29 de abril a primeira edición do Campionato de Caza de San Huberto que se disputou no concello de O Pino. A proba, organizada pola Asociación de Cazadores A Magdalena en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, contou coa participación de 23 afecionados que durante toda a mañá participaron na proba celebrada na parroquia de Medín.

Cada un dos cazadores participantes na proba, puntuable para a Copa Galicia, dispuxo de vinte minutos para amosar a súa puntería e a sintonía co seu can para a caza de perdices. Este primeiro campionato de San Huberto celebrouse nos montes da parroquia de Medín, e unha vez rematada a xornada cinexética celebrouse un xantar no restaurante A Recta de Cobas, de Lardeiros, no que se entregaron os galardóns.

A xefa territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Cristina Carrión, e Óscar Meijide, da Federación Galega de Caza da Coruña, xunto co alcalde do Pino, Manuel Taboada; e o presidente da Asociación de Cazadores A Magdalena, Antonio Suárez Iglesias, presidiron os actos. O director da proba foi Jesús María Rouco, e os xuíces foron designados polo Comité de Xuíces e Árbitros da Federación Galega de Caza.

A clasificación final quedou do seguinte xeito: René Vale García, co seu can Suaiper de Piago, con 82 puntos; José María Carnota Ríos, con Halcón de Reinadama, 60 puntos; Manuel Taboada Vigo, con Ken Serra do Argallo, 51 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
2025-09-15
Os beagles de Abralde Crujeiras gañadores do provincial coruñés de coello

CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA
2025-09-08
“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña

CAMPIONATO GALEGO CANS PARADA
2025-09-01
O setter “Único” de Antonio Vilar e o braco “Iron” de Jaime Aneiros, foron os Campións Galegos da Copa Galicia de Cans de Parada 2025

CAMPIONATOS GALEGOS DE ARCO
2025-08-27
Campións galegos de percorridos e arco o voo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza