Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL DE SAN HUBERTO
O madrileño Miguel Ángel Huertas en Homes, Noelia Cartes de Cataluña en Donas e Josu Bernarás do Pais Vasco en Spaniels, foron os Campións Nacionais de San Huberto en As Pontes e A Capela
17/09/2018

Discreta a actuación dos galegos participantes neste Nacional no cal o mellor posto foi para a cazadora Sandra Rodríguez Rego que despois de clasificarse para o barrage final non tivo a sorte de poder acadar un posto no podio e tívose que conformar coa 4ª posición. 

A edición número XXXVII deste Campionato de España de San Huberto xa chegou o seu fin e con el rematan unhas semanas de intenso traballo por parte da Real Federación Española de Caza (RFEC) en colaboración coa Federación Galega de Caza (FGC), destacando o enorme esforzo realizado pola directiva da FGC de A Coruña co seu presidente José María Álvarez Villar o fronte. Agradecer a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, os Concellos de A Capela e As Pontes e as Sociedades de Cazadores Venatoria de As Pontes e Santa María de Cabalar, estando patrocinado polo Consello Superior de Deportes, Mutuasport, Maxam, Cinexética, Avis, Hart, LaLiga4Sports, Beretta e Nissan Navara.

O venres 14 apartires das 18:00 horas concentrábanse os participantes das categorías de Homes e Spaniels, unha carpa situada na fermosa paisaxe da lagoa artificial de As Pontes recibía aos concursantes e facíase o sorteo de campos.

O sábado día 15, e co termómetro acadando valores moi altos, arrincou o campionato Nacional de San Huberto, desputándose as semifinais nas categorías de Homes e Spaniels. 

Unha xornada de intensa competición cun enorme traballo de sembradores, coordinadores de campo e xuíces para que todo fose un éxito. O Forgoselo unha vez máis non defraudou e encadilou aos participantes. No tocante a Selección Galega so temos que decir que non fomos profetas na nosa terra e tan so o xoven cazador Jaime Aneiros Ardao en Homes e Víctor Manuel Villar Arroyo en Spaniels foron quen de clasificarse para as finais do domingo.

Remataba o sábado coa recepción e presentación de documentación das Donas e dos campións da edición do 2017. Unha Cea de Gala e entrega de trofeos os gañadores das semifinais masculina e spaniels puxo a guinda da xornada na que organización e autoridades acompañaron e dirixiron unhas verbas aos participantes.

E xa o prato forte deste Campionato Nacional chegaba na xornada dominical coas fases finais de tódalas categorías. A sorte, tan importante moitas veces nestas probas, non quixo acompañar aos cazadores galegos e Jaime Aneiros Ardao quedouse fora do barrage masculino e Víctor Manuel Villar en Spaniels tíñase que conformar cunha quinta posición. A galega Sandra Rodríguez Rego, despois dun extraordinario percorrido, clasificábase para o barrage final de donas. Pero unha perdiz fallada e outra sen posibilidade de disparo ao voar hacia a zona de seguridade fixo que o fantástico traballo do seu can “Don das Fontiñas” non fose suficiente para acadar un posto do podio e rematase en 4ª posición.

O barrage final da categoría de homes foi desputado por Miguel Ángel Huertas (Madrid), José Manuel Mora (Extremadura), Juan Antonio Moreno (Andalucía) e o defensor do título e tamén andaluz José Antonio Pérez Ojeda. Un barrage moi desputado, de alto nivel e no que o primeiro posto estivo moi pelexado pero decantándose ao final para o madrileño Miguel Ángel Huertas con 86 puntos. En segunda posición e con 84 puntos remataba José Manuel Mora de Extremadura. O bronce era para o andaluz Juan Antonio Moreno con 70 puntos.

Xunto coa galega Sandra Rodriguez Rego o barrage final de donas foi desputado por Noelia Cartes León (Cataluña), Lidia Pérez García (Castela e León) e a campiona da pasada edición Modesta Iraola Galarbide (Pais Vasco). Foi a catalana Noelia Cartes León a que subiría ao máis alto do podio tras completar un percorrido que lle outorgaría 65 puntos e o título Nacional. A prata viaxaba para Castela e León da mao de Lidía Perez García con 54 puntos acadados. Modesta Iraola non foi quen de renovar o título Nacional e tíñase que conformar coa terceira posición con 47 puntos. 

En Spaniels Levantadores o título era para o vasco Josu Bernarás con 78 puntos. Seis puntos máis que o segundo clasificado, o extremeño Carlos Tiburcio Grajera. Juan M. Maldonado Bascon era o andaluz mellor clasificado con 59 puntos en terceira posición. 

A entrega de premios puxo o broche final a este Campionato de España de Caza San Huberto no que Galicia, novamente, amosou un alto nivel organizativo ao mesmo tempo que agradeceu a deportividade e o comportamento de tódolos participantes. 

Con este campionato Galicia e a FGC rematan un periodo de 14 meses nos que se colaborou e organizou o Campionato Nacional de Percorridos de Caza, a Copa España de Caza de Raposo, a Copa España de Rastro de Coello, o Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril e o Campionato de España de Caza San Huberto.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo

TROFEO CIDADE DE LUGO CANS PARADA
17/03/2024
Bóveda acolleu o Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada

TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO
05/03/2024
Arqueiros campións do Trofeo Concello de Soutomaior

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
04/03/2024
A sorte fixo que Eduardo Blanco con “Kin de Muíño de Melide” resultase gañador


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza